Os libros de actas ou de acordos municipais conforman a serie documental máis importante producida polos concellos onde se poden atopar as deliberacións ou os acordos dos membros da corporación sobre calquera tema que afecte á vida dos cidadáns e ás vicisitudes da propia vila. Son unha fonte imprescindible para a reconstrución dos diversos aspectos da vida da vila de RIBADEO; permiten coñecer as elites de poder representadas polos rexedores e achegarnos á política municipal; controlar o día a día dos problemas municipais, os temas que interesan e preocupan a cidade e o xeito de os abordar, estudar a evolución económica, urbana e demográfica.

O Arquivo Municipal de Ribadeo conserva os libros de actas de sesións do Concello desde o ano 1536 ata a actualidade, e iniciou un programa de dixitalización dos mesmos, un proxecto aberto e continuo. Mentres se avanza nestes traballos é posible consultar os libros de actas do Concello entre os anos 1536 a 1945 tomando como criterio da procura a data das sesións.

Búsqueda avanzada

Tipo de documento