Os dereitos de propiedade intelectual desta web e dos seus elementos engadidos son titulariedade do Concello de Ribadeo, reservándose a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida na web en calquera momento e sen necesidade de previo aviso.
O uso non autorizado da información e demais elementos contidos neste sitio web, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade do Concello de Ribadeo, dará lugar ao exercicio das accións que legalmente correspondan ao Concello e, no seu caso, ás responsabilidades que se puidesen derivar.
O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos.
O Concello de Ribadeo non se fai responsable dos danos e dos prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.
Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.
Tanto o acceso ao sitio web como ao uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade dos/as usuarios/as.
O Concello de Ribadeo non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter a web. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas perténcenlles aos seus respectivos autores/as e propietarios/as e, a petición de calquera deles/as, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato.
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.