Libro de actas. 1567-1612

1. AREA DE IDENTIFICACIÓN

1.1. Código de referencia: ES GA 27051 AMR0001.01

1.2. Título: Libro de actas de sesións do Concello

1.3. Datas: 01/01/1564-07/02/1612

1.4. Nivel de descrición: Unidade documental

1.5. Volume e soporte: 623 folios, soporte papel, de carácter textual, pero tamén conta con debuxos, filigranas e maiúsculas adornadas. Encadernación en pergameo.

2.  AREA DE CONTEXTO

2.1. Nome do produtor: Concello de Ribadeo

3. AREA DE CONTIDO E ESTRUTURA

 3.1. Alcance e contido: Está integrada polas actas das sesións, algunhas encabezadas polos termos como “Concello”, “Consistorio”, “Acordo” ou “Concello e acordo”. Destácase especialmente o que se celebra a primeiro día de cada ano.

 3.2. Valoración, selección e eliminación: conservación permanente

4.  AREA DE CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN

4.4. Características físicas e requisitos técnicos:

Mal estado de conservación

6. ÁREA DE NOTAS

6.1. Notas: Faltan os anos 1595-1610