Libro de actas. 1791

1. AREA DE IDENTIFICACIÓN

1.1. Código de referencia: ES GA 27051 AMR0029.01

1.2. Título: Libro de puridade

1.3. Datas: 01/01/1791-31/12/1791

1.4. Nivel de descrición: Unidade documental

1.5. Volume e soporte: 259 folios, soporte papel, de carácter textual, manuscrito, con catro documentos impresos (Regulamento sobre aranceis a aplicar sobre viños, carnes e outros; Concesión de indulto aos participantes nas revoltas consecuencia da Franquía de feiras; Comunicación da cantidade que toca á Vila de Ribadeo no reparto da contribución de utensilios para o ano 1791 e Real auto que obriga ás Xustizas a asistir ás feiras e mercados para evitar altercados).

2.  AREA DE CONTEXTO

2.1. Nome do produtor: Concello de Ribadeo

3. AREA DE CONTIDO E ESTRUTURA

 3.1. Alcance e contido: Actas, autos e acordos das sesións transcritos en papel de selo 4º e documentación anexa.

 3.2. Valoración, selección e eliminación: conservación permanente

4.  AREA DE CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN

4.4. Características físicas e requisitos técnicos:

Folios dobres. Manchas, transferencia de tintas, roturas e perda de soporte nas beiras