1. Proxecto Vencellos da Memoria
Vencellos da Memoria é a conexión entre a historia dos concellos de Ribadeo e Barreiros recollida en cada un dos documentos que conteñen os seus arquivos, a súa memoria viva e visible capturada a través das imaxes que nos ceden os habitantes destos dous municipios e da súa voz, tan importante para poder estructurar o relato oral das súas vidas, que, en definitiva, conforman o patrimonio inmaterial de ámbolos dous territorios.
O Programa de Emprego para as Persoas Mozas Vencellos da Memoria propón un proxecto de difusión e colaboración cos concellos de Ribadeo e Barreiros, así como cos habitantes dos mesmos.
Trátase dun proxecto de recopilación de imaxes fotográficas antigas doadas polos habitantes de cada un dos concellos para a súa dixitalización, restauración e, en casos concretos, coloreado.
Permitirán, mediante a cesión das fotografías para a súa captura, a creación dunha pequena colección fotográfica dixital que formará parte de cada un dos dous arquivos, engadindo o valor da imaxen gráfica ao propio arquivo.
Ao tempo que se convida a traer as imaxes para a súa dixitalización, aproveitarase para grabar pequenas pezas audiovisuais que permitan investigar na historia das fotografías a través do ollos das propietarias ou, se se da o caso, das autoras.
O obxectivo é vencellar a memoria dos habitantes dos concellos de Barreiros e Ribadeo ao traballo de xestión, descrición e dixitalización dos seus arquivos deseñando, para cada un dos municipios, unha exposición itinerante polas diferentes parroquias na que se poidan revisar algunha das fotografías dixitalizadas, contextualizalas coa información proporcionada polos “doantes” así como por algún tipo de información, no caso de que houbese, recuperada dos arquivos.


Para a elaboración deste proxecto agradécese a colaboración da Rede Museística Provincial de Lugo, como apoio fundamental para a promoción e difusión a nivel comarcal primeiro e provincial en segundo termo.
Vencellos da Memoria é un pequeño proxecto moi local, que pretende amosar a forma de vida de dous municipios limítrofes e moi diferentes, dunha rexión que aínda se está a abrir para amosar os seus atractivos, a súa xente, a súa idiosincrasia. O traballo das alumnas/traballadoras do Programa de Emprego para as Persoas Mozas pretende poñer en valor e difundir a forma de vida nestes dous concellos, vencellándoa aos documentos existentes nos arquivos, recuperándoos e sacándoos á luz para acompañar aos testimonios da historia de Barreiros e Ribadeo.
Vencellos da Memoria é un pequeño proxecto moi local, que pretende amosar a forma de vida de dous municipios limítrofes e moi diferentes, dunha rexión que aínda se está a abrir para amosar os seus atractivos, a súa xente, a súa idiosincrasia.
O traballo das alumnas/traballadoras do Programa de Emprego para as Persoas Mozas pretende poñer en valor e difundir a forma de vida nestes dous concellos, vencellándoa aos documentos existentes nos arquivos, recuperándoos e sacándoos á luz para acompañar aos testimonios da historia de Barreiros e Ribadeo.