O fondo documental que se custodia no Arquivo Municipal de Ribadeo ten unha gran riqueza patrimonial e valor histórico xa que é unha fonte de información básica para mostrar e explicar o desenvolvemento urbano e arquitectónico da vila ata acadar a súa configuración actual.

Nesta pequena escolma que aquí se presenta, amósase unha parte deste patrimonio documental coa finalidade de mostrar a evolución de lugares e espazos emblemáticos de Ribadeo ao longo do tempo, ou ben por facer referencia a edificacións singulares da vila.

A finalidade que se pretende non é outra que a de dar a coñecer estes documentos entre a cidadanía, tratar de impulsar e favorecer o seu coñecemento por parte de investigadores, estudantes e curiosos invitándoos a achegarse ao arquivo e aos documentos co obxectivo de poñer en valor o patrimonio documental da vila e afondar no coñecemento do noso pasado común.

A Praza de España

A Praza de España e Parque de San Francisco

A Praza de Abaixo

A rúa San Roque

A rúa San Roque

A rúa Trinidade e a Casa de Baños

Arquitectura singular

Arquitectura singular