ste proxecto, titulado Saborea Ribadeo, foi levado a cabo polas alumnas e alumnos da especialidade de Produción Fotográfica do Obradoiro de Emprego Doc-Tic:
- Jennifer Cancio García,
- Ofelia Cebrián Paz,
- María Expósito López e
- Ignacio Ramón García García.
A finalidade de dito proxecto é crear un banco de imaxes para o Concello de Ribadeo e promover e dar a coñecer o produto local de Ribadeo, a través da fotografía, potenciando deste xeito o comercio local.
Os obxectivos deste traballo son:
- Afondar no coñecemento dos productos propios do concello
- Proporcionar outro enfoque o comercio de productos locais a través da fotografía.
- Publicitar a venta de productos autóctonos a nivel local.
- Reflectir a verdadeira esencia do comercio tradicional do pobo.
Para conseguir este banco de imaxes visitáronse os seguintes lugares: a Praza de Abastos, Panaderías (A Praza, Paleo e Torviso), Pastelerías (A Candelaria e o Covento de Santa Clara) e Chocolates e Bombóns Moreno.