Especialidade de Operacións de Gravación e Tratamento de Datos

O Obradoiro de emprego Doc-Tic II desenvolveuse en Ribadeo entre Setembro de 2018 e Marzo de 2019. Contou con dúas especialidades Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais e Produción fotográfica, con 8 integrantes cada unha delas.

Os obxectivos principais foron :

  • A dixitalización e posta en valor dunha parte do rico patrimonio histórico co Excmo. Concello de Ribadeo.
  • A organización de documentación do arquivo que todavía estaba sen identificar e describir.

Uns obxectivos que tiñan como finalidade:

  • Incrementar o acceso á documentación,
  • Mellorar os servizos que se prestan a un grupo cada vez máis numeroso de investigadores proporcionando un acceso de mellor calidade,
  • Reducir a manipulación e o uso de orixinais fráxiles ou usados de xeito intensivo e
  • A formación de persoal na aplicación das novas técnicas e tecnoloxías dixitais ao patrimonio cultural e nas técnicas de xestión documental.

Operacións de Gravación e Tratamento de Datos e Documentos

A especialidade de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais continuou co traballo de organización, descripción e informatización de parte dos fondos do arquivo administrativo municipal que xa se iniciara no obradoiro de emprego DOC TIC II.

Especialidade de Produción Fotográfica

A especialidade de Produción fotográfica comezou nesta edición coa dixitalización de libros de padróns, chegando a realizar 67 libros e 2 expedientes e 2 planos, de interese para a divulgación e difusión da historia de Ribadeo.

Ademais estaban a elaborarar 2 proyectos fotográficos cuxo obxetivo era crear un banco de imaxes ao que o Concello de Ribadeo poidese recurrir en caso de necesidade, para o seu uso na web, redes sociais, cartelería… Por mor da COVID-19 estos proxectos quedaron interrompidos e incompletos.

– Proxecto fotográficos Ventanas

– Proxecto Fotógráfico Street

Proxecto fotográfico Ventanas

Este proxecto, titulado Ventanas, foi levado a cabo polas alumnas e alumnos da especialidade de Produción Fotográfica do Obradoiro de Emprego Doc-Tic III:

  • Manuel Díaz Mera
  • Mateo Pérez Suárez
  • Noelia Pulpeiro Fernández
  • Mónica Rodríguez Pérez

“Ventanas" era un proxecto fotográfico co que trataban de recoller ventanais máis chamativos da vila de Ribadeo, descontextualizándoos e creando mosaicos de imaxes que simulan un edificio, para configuran unha panorámica diferente dun só vistazo.

Proxecto fotográfico Street

Este proxecto, titulado Street, foi levado a cabo polas alumnas e alumnos da especialidade de Produción Fotográfica do Obradoiro de Emprego Doc-Tic III:

  • Iván Fernández Álvarez
  • Goretti Miranda Villarino
  • Elías Piñeiroa González
  • Laura Yáñez Freije

Consistía en capturar esceas cotiás nas rúas de Ribadeo, para poder amosar o ritmo da vila, traballadores desempeñando os diferentes oficios, compras, paseos…