O Obradoiro de emprego Doc-Tic II desenvolveuse en Ribadeo entre Setembro de 2018 e Marzo de 2019. Contou con dúas especialidades Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais e Produción fotográfica, con 8 integrantes cada unha delas.
Os obxectivos principais foron :
- A dixitalización e posta en valor dunha parte do rico patrimonio histórico co Excmo. Concello de Ribadeo.
- A organización de documentación do arquivo que todavía estaba sen identificar e describir.
Uns obxectivos que tiñan como finalidade:
- Incrementar o acceso á documentación,
- Mellorar os servizos que se prestan a un grupo cada vez máis numeroso de investigadores proporcionando un acceso de mellor calidade,
- Reducir a manipulación e o uso de orixinais fráxiles ou usados de xeito intensivo e
- A formación de persoal na aplicación das novas técnicas e tecnoloxías dixitais ao patrimonio cultural e nas técnicas de xestión documental.
Especialidade de Operacións de Gravación e Tratamento de Datos
A especialidade de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais continuou co traballo de organización, descripción e informatización de parte dos fondos do arquivo administrativo municipal que xa se iniciara no obradoiro de emprego DOC TIC II.
Concretamente as tarefas realizadas foron:
- A identificación de fondos e series a organizar e describir.
- A clasificación documental e a ordenación cronolóxica dos expedientes.
- A descrición arquivística normalizada, para este traballo os alumnos empregaron a aplicación de xestión documental implantada polo Concello de Ribadeo no arquivo nomeada XARAL.
- A eliminación de copias, duplicados, borradores e de todos aqueles elementos prexudiciais para a conservación do papel como grampas ou clips.
- A instalación da documentación xa descrita en unidades de instalación normalizadas.
- E a limpeza dun local do arquivo, seleccionando e gardando a documentación municipal e eliminando calquera outro tipo de documentación, elementos e lixo presentes nese espazo.
As citadas tarefas deron como resultado a introdución de 10.000 rexistros na base de datos XARAL, os cales corresponden a descrición a nivel expediente de toda a documentación de obras e urbanismo que quedaba pendente de ordenar, e fondos da sección de tesourería e facenda.
Ademáis de mellorar co seu traballo a xestión dos fondos do arquivo municipal a nivel interno tamén de cara a súa consulta e visualización por parte da cidadanía en xeral, o segundo gran obxectivo desta especialidade foi poñer en valor o rico patrimonio documental que alberga este Concello. Para logralo:
- Elaborouse un tríptico informativo do Arquivo municipal coa historia do arquivo, dos seus fondos e dos servizos que nel se prestan.
- E levouse a cabo o deseño, programación e desenvolvemento de visitas guiadas ó arquivo destinadas ós centros escolares da vila de Ribadeo.
Os participantes nesta especialidade foron:
- AITOR CASTRO ÁLVAREZ
- BRUNO FERNÁNDEZ PEREIRA
- ADRIÁN ENRIQUE LÓPEZ LATORRE
- SANTIAGO MARTÍNEZ FERREIRA
- ADOLFO MONTOYA GARCÍA
- AARÓN MONTOYA MONTOYA
- DANIEL MONTOYA MONTOYA
- ADÁN MONTOYA PÉREZ
Especialidade de Produción Fotográfica
A especialidade de Produción fotográfica continuou o proceso de dixitalización de libros de actas iniciado polo anterior Obradoiro de emprego, coa dixitalización de 86 libros de actas e 5 proxectos que conteñen documentos de interese para a divulgación e difusión da historia de Ribadeo.
Ademais elaboraron 2 proyectos fotográficos co obxetivo de crear un banco de imaxes ao que o Concello de Ribadeo poida recurrir en caso de necesidade, para o seu uso na web, redes sociais, cartelería… Unha selección de 23 fotografías destos dous proxectos poidéronse disfrutar nunha exposición colectiva cuxo cartel foi deseñado por unha das alumnas, Cristina Sanjurjo Rodríguez.
Os libros dixitalizados pol@s participantes nesta especialidade, pódense consultar neste enlace; os proxectos fotográficos están a túa disposición se premes nas imaxes.
Proxecto fotográfico Ribadeo Histórico
Este proxecto, titulado Ribadeo Histórico, foi levado a cabo polas alumnas e alumnos da especialidade de Produción Fotográfica do Obradoiro de Emprego Doc-Tic II:
- Lucía Díaz Rego
- María Fernández Rodríguez
- Pablo Ramos Muras
Ribadeo Histórico é un percorrido fotográfico pola vila de Ribadeo buscando resaltar edificios emblemáticos e proporcionar un punto de vista diferente xogando coa composición e os parámetros da cámara.
Proxecto fotográfico Descubre As Aceas
Este proxecto, titulado Descubre As Aceas, foi levado a cabo polas alumnas e alumnos da especialidade de Produción Fotográfica do Obradoiro de Emprego Doc-Tic II:
- Alba Balsa Rego,
- Marta Fernández Rodríguez,
- Lucas Martíns Fernández
Este proxecto fotográfico pretende dar a coñecer a “Senda Azul". A través dos desenfoques, os cambios na composición e os tempos de exposición búscase crear armonía e captar o interese do público.