Especialidade de Gravación e Tratamento de Datos e Documentos

O fondo documental pertencente ao Arquivo Administrativo Municipal atopábase desorganizado, sen unha clasificación clara que permitira a identificación da documentación e, por tanto, o acceso a mesma. Presentaba tamén unha instalación moi deficiente o que acentuaba non so esa desorganización, senon tamén a propia preservación e conservación da documentación ó estar suxeita a factores tan dañinos para o patrimonio documental como son a suciedade, a humidade e a manipulación sen nigún tipo de control e metodoloxía.

A especialidade de Operacións de Gravación e Tratamento de Datos e Documentos levou a cabo o inventario, a organización, a descripción, a clasificación, a informatización e a instalación dos citados fondos documentais e mais concretamente, os expedientes de obra particular, maior e menor, os expedientes de licencias de apertura e os libros rexistro e expedientes de cemiterio (1975 – 2015).

A finalidade principal desta actuación é poder xestionar ditos fondos dun xeito mais eficaz e áxil non só a nivel interno por parte do persoal do concello, senón de cara a súa consulta e visualización por parte da cidadanía en xeral.

As tarefas levadas a cabo polos 7 participantes nesta especialidade resúmese na seguinte infografía.

Especialidade de Produción Fotográfica

A especialidade de Produción fotográfica continuou o proceso de dixitalización de libros de actas iniciado polo anterior Obradoiro de emprego, coa dixitalización de 86 libros de actas e 5 proxectos que conteñen documentos de interese para a divulgación e difusión da historia de Ribadeo.

Ademais elaboraron 2 proyectos fotográficos co obxetivo de crear un banco de imaxes ao que o Concello de Ribadeo poida recurrir en caso de necesidade, para o seu uso na web, redes sociais, cartelería…

Os libros dixitalizados pol@s participantes nesta especialidade, pódense consultar neste enlace; os proxectos fotográficos están a túa disposición se premes nas imaxes.

Proxecto fotográfico Saborea Ribadeo

Este proxecto, titulado Saborea Ribadeo, foi levado a cabo polas alumnas e alumnos da especialidade de Produción Fotográfica do Obradoiro de Emprego Doc-Tic:

  • Jennifer Cancio García
  • Ofelia Cebrián Paz
  • María Expósito López
  • Ignacio Ramón García García

A finalidade de dito proxecto é crear un banco de imaxes para o Concello de Ribadeo e promover e dar a coñecer o produto local de Ribadeo, a través da fotografía, potenciando deste xeito o comercio local.
Os obxectivos deste traballo son:

  1. Afondar no coñecemento dos productos propios do concello
  2. Proporcionar outro enfoque o comercio de productos locais a través da fotografía.
  3. Publicitar a venta de productos autóctonos a nivel local.
  4. Reflectir a verdadeira esencia do comercio tradicional do pobo.

Para conseguir este banco de imaxes visitáronse os seguintes lugares: a Praza de Abastos, Panaderías (A Praza, Paleo e Torviso), Pastelerías (A Candelaria e o Covento de Santa Clara) e Chocolates e Bombóns Moreno.

Proxecto fotográfico Indianográfico

Este proxecto, titulado Indianográfico, foi levado a cabo polas alumnas e alumnos da especialidade de Produción Fotográfica do Obradoiro de Emprego Doc-Tic:

  • Anxo Rodríguez Lorigados,
  • Rocío García Urrabieta,
  • Diego Ferreira Álvarez e
  • Maitane López Formadela

A finalidade de dito proxecto é crear un banco de imaxes para o Concello de Ribadeo e promover e dar a coñecer o a arquitectura indiana de Ribadeo, a través da fotografía, potenciando este estilo tan característico da zona.

Para poder realizar estas imaxes, realizouse un estudio das diferentes construccións indianas e trazouse unha ruta que aumenta a xa existente.