Entre as prioridades da Lei 52/2007, de 26 de decembro, de Memoria Histórica está a recopilación e a difusión da información contida na documentación  relativa á Guerra Civil o exilio e a dictadura.
Os obxectivos deste traballo de selección/recopilación de documentación casan cos da Lei e son os de:

  1. Fomentar a investigación sobre a Guerra Civil o franquismo e o exilio utilizando como fonte a documentación do concello.
  2. Impulsar a difusión dos fondos documentais do Concello de Ribadeo.
  3. Recuperar testemuñas centradas neste período histórico.
  4. Garantir o dereito ao acceso a esta información e a súa proteción, a integridade e a catalogación dos documentos.

Os documentos proceden das seccións de goberno, administración e servizos, concretamente nos libros de actas, rexistros e expedientes de persoal, expedientes de orde pública, quintas e beneficencia e asistencia social.

O Obradoiro de emprego DOC-TIC II seleccionou, clasificou e dixitalizou esta serie de documentos relativos á memoria histórica. Podes consultar os expedientes na nosa sección de documentos dixitalizados ou premendo no botón.